Cando hai alerta laranxa na costa de Galicia non adoito achegarme ao mar, porque me gusta moito pero téñolle moito respecto.
O pasado sábado 31 de xaneiro coincidiu unha situación de alerta laranxa no mar e sen alertas en terra asina en Galicia. O sol pareceu querer saír entre as nubes e a choiva deunos un respiro despois de semanas de temporais. É o típico día para saír e ver o mar, pero sen achegarse demasiado. Estas imaxes graveinas en Panxón, Praia América e Patos, en Nigrán (Pontevedra):
Unha hora antes da pleamar o mar xa chegaba ata o muro do paseo marítimo de Panxón. En condicións normais, a liña de pleamar queda a varios metros de alí. Como podedes ver, a auga chegaba ata a beirarrúa do paseo. Lembrade sempre ser moi prudentes se ides nun día así á costa. Cando está furioso, o mar ten o costume de levar as vidas daqueles que se achegan demasiado.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: