Hai moitos anos que me interesa a política, pero estamos a chegar a un momento en que me custa distinguila dunha simple comedia.
Este luns, nunha desas típicas noticias que non se sabe se son filtracións ou mera propaganda, El Confidencial titulou: "Feijóo prepara a súa aterraxe en Moncloa con 70 leis listas para aplicar o primeiro día". O texto da noticia afirma: "o líder do PP conta xa cun avultado rexistro de leis elaboradas, desenvolvidas, rexistradas e, en moi poucos casos, tramitadas que activará sen demora se logra acceder ao palacio presidencial". Deixei de ler nese punto, porque me parecía unha tarefa tan produtiva como contarme as pestanas.
A última vez que decidín confiar nunha promesa do Partido Popular (PP) e de Feijóo foi en 2009. Naquela ocasión, o candidato do PP á presidente do goberno galego prometeunos "liberdade lingüística" e unha vez gañou as eleccións, traizoou a súa promesa, implementando unha lei de "trilingüismo" que nada ten que ver coa liberdade prometida, pois os políticos seguen decidindo polas familias en Galicia. Nunca máis. Desde entón non volvín a votar ó PP. Un engano bástame como para repetir a desagradable experiencia.
En maio de 2022, 13 anos despois de chegar a ese cargo, Feijóo deixou a presidencia do goberno de Galicia sen cumprir a súa promesa. Durante eses 13 anos desfrutou dunha maioría absoluta que lle permitiría implementar aquel compromiso, pero o actual presidente nacional do PP cedeu como un covarde ás presións do separatismo e da esquerda. Ese é o "voto útil" que ofrece o PP nas súas campañas electorais. Unha broma pesada ós seus votantes.
Aínda que Feijóo deixou a presidencia do goberno galego, o Partido Popular segue gobernando en Galicia pero 17 anos despois segue sen cumprir esa promesa. Unha promesa que non consistía en aprobar algo estraño nun país democrático. De feito, o normal en territorios bilingües noutros países é poder elixir a lingua do ensino. O anormal é o que pasa en España, onde os políticos deciden polas familias e mesmo arrinconan o idioma nacional como nunha ditadura.
Como esperar que o PP aprobe 70 leis nun día se 17 anos despois segue sen cumprir a súa gran promesa de 2009 en Galicia? Sinceramente, empezo a estar farto de que certos políticos nos tomen ós cidadáns coma se fósemos uns idiotas. Rin de nós sen ningún disimulo, talvez esperando que xa non nos acordemos das promesas que nos fixeron no pasado e que traizoaron de forma tan miserable como aquel solemne compromiso de liberade lingüística que me levou a min en 2009 a votar ao PP. Repito: nunca máis.
---
Foto: Partido Popular.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: