«En Galicia, as decisións estratéxicas equivocadas rara vez se corrixen»

Os aeroportos galegos: entre os tres matáronse

EspEng 26·6·2026 · 17:51 0

Por Álvaro J. Díaz-Mella

Hai unhas semanas, un amigo vigués contábame que para voar a Londres ou a calquera destino europeo habitual terminara comprando o billete en Oporto. “Sáeme máis barato, hai máis horarios e tardo menos en chegar ó aeroporto que facendo conexións aquí.”

Ricardo Mella e Miguel Anxo Bastos, dous vigueses incómodos
Vigo morre. A cidade das luces que se apaga

Esa conversación resume un feito incómodo: moitos galegos, especialmente do sur, xa voan directamente desde Oporto.

Desde Vigo saen máis autobuses diarios ó aeroporto de Oporto (ata 19 conexións) que ó de Lavacolla en Santiago (só unha ou dúas frecuencias directas en moitos días). O dato fala por si só.

En Galicia existen tres aeroportos (Peinador en Vigo, Lavacolla en Santiago e Alvedro na Coruña) que están relativamente cerca uns doutros, con distancias de entre 80 e 150 quilómetros. No canto de complementarse, terminaron converténdose en rivais, gastando recursos públicos e disputándose roteiros e pasaxeiros.

O mesmo ocorre cos portos. En lugar de construír un gran porto atlántico galego forte e coordinado, levamos décadas alimentando unha rivalidade estéril entre Vigo e A Coruña que só beneficia a terceiros. É o mesmo patrón de sempre.

En Galicia, as decisións estratéxicas equivocadas rara vez se corrixen. Acumúlanse. E as súas consecuencias terminan condicionando o presente e o futuro.

Mentres tanto, o aeroporto de Oporto pechou 2025 con case 17 millóns de pasaxeiros, case tres veces máis que os tres galegos xuntos, que apenas chegaron a 5,5 millóns. Despois de anos de subvencións, convenios e rivalidades locais, o balance é claro: Oporto gañou e Galicia segue repartindo pasaxeiros entre tres aeroportos que compiten entre si.

O problema non é só o resultado. É tamén o camiño percorrido. Durante anos asistimos a unha competición permanente entre administracións para atraer roteiros e aeroliñas. Vigo, Santiago e A Coruña actuaron moitas veces máis como rivais que como partes dunha estratexia común. O diñeiro público financiando pelexas internas mentres o competidor real crece alén do Miño.

Como dicía Thomas Sowell, É difícil imaxinar un xeito máis bobo ou perigosa de tomar as decisións que encargalas ás persoas que non pagan o prezo por equivocarse”. Aquí vese claro: os políticos poden manter tres aeroportos deficitarios porque o diñeiro non é seu, senón de todos. Mentres eles gañan votos defendendo “o seu” aeroporto, alimentan unha competencia entre cidades galegas que non debería existir.

Se unha empresa privada tivese que deseñar hoxe o sistema aeroportuario galego desde cero, resulta difícil crer que elixise tres aeroportos competindo a tan pouca distancia.

Galicia non necesita tres aeroportos competindo. Necesita un capaz de competir.

A obxección máis habitual é inmediata: ¿que ocorrería entón con Vigo e A Coruña? A resposta non ten por que ser o abandono nin o peche físico. Poderían manterse outros usos aeroportuarios, loxísticos ou empresariais. O que debería debaterse é se ten sentido seguir sostendo tres aeroportos comerciais disputándose os mesmos pasaxeiros.

Pero ningún presidente da Xunta quixo asumir o custo político de abrir ese debate. Tampouco a oposición. Todos saben que existe, pero ningún quere pagar o prezo político de afrontalo. É máis cómodo seguir subvencionando o insostible, xa que non é o seu diñeiro.

Os galegos seguimos indo a Oporto, os recursos dispérsanse e Galicia perde peso en conectividade internacional. Non é mala sorte. É falta de visión, egoísmos territoriais e unha clase política que, xeración tras xeración, prefire alimentar rivalidades locais antes que defender o interese xeral de Galicia.

Álvaro J. Díaz-Mella
Vigo

---

Álvaro J. Díaz-Mella é un vigués felizmente prexubilado que xa peitea canas e ten demasiadas opinións sobre o que ve da nosa sociedade imperfecta.
---

Traducción por Elentir. Foto: Raulgvazquez.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.