Eu vivo nunha cidade na que as pombas teñen bo gusto e moita clase. Postar a elexir, optan por sitios elegantes para descansar.
O 2 de outubro estaba coa miña cámara na rúa Policarpo Sanz, no centro da cidade, esperando a que empezase o desfile do Día da Policía. De súpeto vin que nun edificio da fachada meridional da rúa había unha pomba durmindo. Hai tempo que non me dedicaba á fotografía artística, así que vin unha oportunidade nesa pequena ave.
Sempre me fai gracia ver como durmen as pombas. Buscan un sitio tranquilo e encollen o pescozo, converténdose nunha tranquila bola de plumas. Ás veces vémolas así no balcón da miña casa, sinal de que non debemos ser veciños moi molestos para elas.
Entón dinme de conta de que esta pomba dormente estaba acompañada. Había outras dúas preto, tamén durmidas, na cornixa da xanela máis próxima. Xa pasaban das 12:00 do mediodía. Tal vez as pombas fóronse de esmorga a noite anterior e estaban de resaca.
Xirando o obxectivo do meu cámara vin entón que había cinco pombas no mesmo piso. Todas estaban a durmir nas cornixas das xanelas, inmóbiles, coma se fosen parte deses antigos adornos.
Entón percorrín co meu obxectivo os pisos superiores e os edificios adxacentes. Non había pombas neles. Esas cinco durmiñonas foron a elixir o piso coas cornixas máis elegantes. O edificio da dereita é de pedra, pero non é tan bonito, e o edificio do Banco de Santander é horroroso. Polo que parece, en Vigo temos pombas con gusto pola elegancia á hora de durmir. Aínda que o piso sexa máis baixo e máis ruidoso para elas, prefiren unha cornixa ben adornada que unha xanela que resulte eslamiada e sen gracia.
|
Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram: Pulsa aquí para unirte |
Opina sobre esta entrada: