Novo caso de manipulación da Televisión de Galicia contra ese partido

A televisión de Feijóo oculta o apoio de Vox a unha protesta contra a LOMLOE

Esp 21·11·2020 · 15:40 0

O sesgo informativo da televisión pública de Galicia quedou novamente en evidencia con motivo dunha protesta de pais e profesionais contra a LOMLOE.

A TVG non informa sobre a agresión contra Vox en Cangas e La Voz de Galicia a esconde
Así é como a Televisión de Galicia favorece ó BNG, aliado galego de Bildu, fronte a Vox

Vox publicou ese día un vídeo do seu apoio a esa concentración

O xoves 19 de novembro ó mediodía, varios deputados de Vox, encabezados polo portavoz do seu grupo parlamentario, Iván Espinosa de los Monteros, acudiron a apoiar unha protesta contra a LOMLOE organizada por familias de alumnos e por profesionais do ensino ás portas do Congreso dos Deputados, ante a sesión na que foi aprobada esa lei que ataca a liberdade de educación. A conta de Twitter do grupo parlamentario de Vox no Congreso publicou o vídeo das declaracións de Iván Espinosa nesa concentración ás 13:52 horas. O vídeo foi compartido por un milleiro de tuiteiros.

O Telexornal, emitido 38 minutos despois, ocultou o apoio de Vox a esa protesta

Sen embargo, 38 minutos máis tarde, na Televisión de Galicia -controlada polo Goberno autonómico de Alberto Núñez Feijóo, do Partido Popular-, o Telexornal Mediodía ocultou a presencia de Vox nesa concentración e limitouse a decir que a carón dos manifestantes, "defendendo a liberdade dos pais a escoller, estaban deputados de Ciudadanos e do Partido Popular". Nin unha mención ós deputados de Vox que estaban alí apoiando ós manifestantes.

O sesgo que ven exhibindo a TVG contra Vox

Non é a primeira vez que a televisión pública de Galicia discrimina a Vox nos seus informativos. O pasado mes de marzo a TVG ocultou a agresión a un membro de Vox de 77 anos de idade en Cangas de Morrazo a mans dun xoven que ía en bicicleta. Así mesmo, a canle autonómica ven ofrecendo un trato máis amable ó BNG, os aliados galegos de Bildu, que a Vox. En casi 200 ocasións a TVG referiuse como "ultradereita" a Vox, pero nin unha soa vez citou ó BNG como "ultraesquerda", exhibindo un sesgo ideolóxico incompatible cunha televisión pública que se financia cos impostos de todos.

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.