O detido xa tiña antecedentes penais por incidentes violentos

Un inmigrante con orde de expulsión foi detido por violar a unha moza en Ferrol

EspEng 31·7·2025 · 23:44 0

Os medios de comunicación teñen o costume de dar todo tipo de detalles sobre os protagonistas dunha noticia, pero hai excepcións.

La nacionalidad de los asesinos de mujeres en España: el dato que enmudece a las feministas
Sólo Vox rechaza la regularización de 900.000 inmigrantes ilegales: así votaron los demás

Hai pouco foi noticia en toda España a expulsión de varios cidadáns israelís dun restaurante en Vigo por parte dun hostaleiro libanés que deu un gripo utilizado polos terroristas de Hamás. A nacionalidade deses clientes e a súa imaxe foi difundida ampliamente e moitos deron por boa a súa expulsión simplemente baseándose nese dato e no testemuño do hostaleiro, a pesar dos seus insultos a eses clientes (gravados por el mesmo saltándose as normas sobre protección da privacidade).

A cousa cambia se falamos sobre agresións sexuais. Hoxe varios medios galegos han informado sobre a detención dun home por violar a unha moza de 18 anos na Praza de España de Ferrol. O agresor cometeu ese delito acompañado por outros tres homes: entre os catro arrastraron á moza a uns soportais para alí cometer a violación. Curiosamente, e a diferencia do que ocorre con outros delitos, ningún medio indica a orixe do home detido.

Hai un dato que só aparece en dous medios: La Voz de Galicia e Galiciapress, e ten que ver precisamente coa orixe do presunto autor da violación: o detido ten unha orde de expulsión. Os demais medios, baseándose na información facilidade por Europa Press, omitiron ese dato. Así mesmo, Diario de Ferrol sinala que o detido ten antecedentes penais e participou en incidentes violentos mesmo con axentes da Policía.

A pregunta lóxica é: ¿qué facía ese delincuente na rúa, por que non se executou aínda a súa orde de expulsión? E sobre todo, ¿cántos delincuentes máis de orixe estranxeira deambulan libremente por España porque ao goberno de Pedro Sánchez non lle dá a gana de expulsalos do noso país, nin sequera cometendo delitos? Despois aínda se queixarán de que a "extrema dereita" recibe cada vez máis apoios. ¿Qué esperan que pase cando o goberno deixa que delincuentes entren en España e queden no noso país, saltándose a lei de estranxeiría?

+ ACTUALIZACIÓN 1.8.2025 23:20h: La Voz de Galicia informou ás 22:53 horas que a moza que denunciou a violación en Ferrol negou os feitos e declarou que inventouno todo. Trátase dunha noticia sorprendente: entón, ¿quen lle provocou as "feridas importantes" coas que esa moza presentouse no hospital na noite do martes ó mércores?

---

Foto: Policía Nacional.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.