Unha poboación equivalente á das cidades de Barcelona, Valencia e Segovia

O aborto xa matou a 2,5 millóns de fillos por nacer en España: así serían hoxe

EspEng 23·12·2020 · 6:55 0

O Ministerio de Sanidade publicou onte as cifras de abortos provocados do 2019 en España: en 211 abortorios matouse a un total de 99.149 fillos por nacer.

Argumentos científicos en contra do aborto
Feministas polo dereito a vivir

2.482.750 abortos en 34 anos segundo os rexistros oficiais

En total xa son 2.482.750 vidas humanas asasinadas na súa idade prenatal dende a despenalización do aborto en España en 1985, segundo os rexistros oficiais, ás que teriamos que engadir as de 2020, que vendo a evolución desta lacra posiblemente ronden os 100.000. É dicir, que a día de hoxe estariamos falando polo menos de 2,5 millóns de fillos por nacer asasinados, unha cifra propia dun xenocidio. Para que nos fagamos unha idea do que significa esta masacre, ese número é equivalente a ter matado a tódolos habitantes das cidades de Barcelona, Valencia e Segovia. Iso é o que algúnos consideran "progreso".

Os responsables políticos desta masacre

En canto á responsabilidade política sobre esas mortes, corresponde por igual a tódolos partidos que apoiaron as dúas leis que permitiron esta masacre (1985 y 2010), ós partidos que puidendo habelas derogado non o fixeron, e ó Tribunal Constitucional, que leva 10 anos sen resolver o recurso á ley abortista de 2010 presentado ese ano polo PP. En total, en 20 anos de gobernos do PSOE perpetráronse 1.377.293 abortos, e en 12 anos de gobernos do PP perpetráronse 1.105.457. Ante esas cifras, no tocante ós máis indefensos, ¿qué máis da xa que gobernen un ou outro?

Así serían hoxe eses 2,5 millóns de fillos por nacer

Como xa fixen outros anos, quero que pensemos un pouco sobre o que implica o asesinato dunha cantidade como ésa de seres humanos ó largo de 34 anos, imaxinando cómo serían esas vidas hoxe en día, de forma aproximada:

  • Uns 99.000 serían bebés empezando a andar. Pasiño a pasiño, pouco a pouco. É unha cantidade de bebés maior que a de habitantes da cidade de Lugo.
  • Casi 96.000 estarían aprendendo a falar. As súas primeiras palabras serían, como moitos, "mamá" e "papá". É unha cifra superior ó número de habitantes da cidade de As Rozas de Madrid.
  • Máis de 94.000 terían empezado o seu primeiro ano de colexio. Unha cifra equivalente ós habitantes da cidade de Lorca.
  • Máis de 280.000 estarían xa na Educación Infantil. É unha cantidade superior á poboación da cidade de Xixón.
  • 775.000 estarían cursando a Educación Primaria. Estarían aprendendo a ler, a escribir, a sumar, a restar... É unha cifra equivalente á poboación total de Vigo e As Palmas de Gran Canaria.
  • Uns 470.000 estarían xa na adolescencia. Terían xa pandillas de amigos, algúns estarían descubrindo o que significa enamorarse, outros xa estarían pensando ó que queren adicarse na vida... É unha cifra equivalente á poboación total de Bilbao e León.
  • Uns 77.000 estarían a punto de entrar na universidade, na formación profesional ou iniciando a súa vida laboral. Entre eles habería futuros xenios que a Humanidade perdeu para sempre. É unha cifra similar á poboación de Orihuela.
  • Uns 506.000 serían xa vinteañeiros. Uns estarían na universidade, outros xa traballando. Entre eles xa habería voluntarios, cooperantes, médicos, enxeñeiros, biólogos, bombeiros, militares, policías, deportistas, mestres... O seu número equivale á suma dos habitantes de Murcia e Huesca.
  • Uns 110.000 xa estarían formando unha familia e tendo fillos. Eses fillos xa nunca nacerán, nin os seus netos, nin os seus bisnetos... Cando acabas cunha vida, destrozas tódalas xeracións vencelladas a elas. Todo o que ían aportar á nosa sociedade se perdeu para sempre. O seu número é maior que o dos habitantes da cidade de Ourense.

¿En qué sociedade nos convertimos que algo así só preocupa, a día de hoxe, a un partido político de todos os que forman o arco parlamentario? Na actualidade -e isto di moito en contra das demáis opcións políticas-, só Vox aspira a derogar a lei do aborto. Pola miña parte, é o motivo máis sólido que teño para seguir votando a ese partido.

Termino estas liñas, como outras veces, cunha frase do Talmud xudeu da que me lembro a miudo ó pensar sobre esta cuestión. Eu son católico, pero a suscribo plenamente:

«Quen destrúe un alma, é como se tivera destruido a un mundo enteiro. E quen salva unha vida, é como se tivera salvado a un mundo enteiro».

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.