Unha serie de fotos tomadas en Praia América e na zona de Panxón

Os danos causados nas praias de Nigrán polo tren de borrascas que asolou Galicia

EspEng 15·2·2026 · 23:34 0

Desde o Nadal, Galicia soportou estoicamente o paso dun tren de borrascas con fortes ventos e choivas e tamén tormentas.

Algunhas praias das Rías Baixas de Galicia nunha xornada de alerta laranxa no mar
A desembocadura mutante do Muíños, un río que come dunas no sur de Galicia

Hai dúas semanas mostreivos aquí as imaxes das praias de Nigrán que gravei durante unha alerta laranxa o sábado 31 de xaneiro, durante un dos escasos respiros que nos deu ese tren de borrascas. Lamentablemente, os últimos temporais causaron danos nesta zona, que podedes ver a continuación.

O que podedes ver aquí é unha selección dunha serie de 52 fotos que subín á miña conta de Flickr. A zona máis dañana foi o paseo marítimo de Panxón, que podedes ver sobre estas liñas.

Unha das rampas de acceso desde o paseo ata a praia de Panxón. Esta mesma zona xa a vimos intacta hai dúas semanas, pero con fortes ondas.

A parte superior da mesma rampa.

A pasarela de madeira que hai no porto de Panxón con cintas indicando que está pechada. A primeira ollada parece que está todo intacto...

... pero as ondas chegaron ata aquí, levándose gran parte da area que soporta os madeiros que serven de apoio á pasarela.

Unha enorme cantidade de halgas arrastradas polos temporais ata a zona norte da praia de Panxón.

Algúns edificios tamén sufriron danos. Aquí vemos unha casa coa persiana arrincada e as cortinas rachadas polo forte vento.

As ondas chegaron ata zonas do paseo marítimo de Panxón ás que nunca chega a marea alta, arrincando parte da varanda do paseo.

A base da varanda xusto no extremo que quedou intacto. Vemos que unha das porcas foi arrincada polas ondas.

Un dos parafusos que soportaban a varanda do paseo marítimo de Panxón, dobrado.

A zona sur do paseo de Panxón, xa preto de Praia América. Colocaron valos para impedir o paso debido ós danos sufridos polo paseo.

Aquí podemos ver o interior da zona valada. As ondas chegaron ata aquí, algo sorprendente, levándose a area e provocando a caída dunha zona de duchas.edir o paso debido ós danos sufridos polo paseo.

As fuertas ondas chegaron ata a zona de dunas entre Panxón e Praia América, desbordando o río Muíños e levándose gran cantidade de area.

As borrascas foron tan fortes que as ondas chegaron ata a caseta do módulo de socorro de Protección Civil, levándose parte da area da súa base.

A rúa Cidade de Vigo, paralela ó paseo marítimo de Panxón. A calzada xa non estaba en moi boas condicións, pero as fortes choivas das últimas semanas crearon máis gretas e fochancas.

O mar arrincou unha pasarela de madeira que daba acceso á praia de Panxón desde o paseo marítimo. Isto é o que queda dela.

A duna ó lado norte da desembocadura do río Muíños, cunha chea de pedras arrastradas polo mar.

A pasarela de madeira que hai xunto ó río Muíños xa estaba esnaquizada desde hai tempo. As últimas borrascas cebáronse con ela.

O paseo marítimo de Praia América quedou enterrado pola area.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Si aún no te has registrado, puedes crear una cuenta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.