Alfonso Rueda referiuse a Galicia como «país» ata en cinco ocasións

O sucesor de Feijóo e as letras galegas: cita a lusofonía pero omite toda mención ó español

Esp 17·5·2022 · 19:37 0

Hoxe en Galicia celébrase o Día das Letras Galegas, unha xornada na que hai o costume de ignorar, por sistema, a lingua materna da metade dos galegos.

Feijóo celebra as Letras Galegas sen citar o idioma español que usa o 68% dos galegos
Unhas palabras do autor do Himno de Galicia que provocarán un desgusto ós separatistas

O Premio Nacional das Letras Españolas si inclúe ás linguas rexionais

En España dase unha paradoxa: mentres en Galicia festéxase este día e se exclúe del ó español, que é a lingua común de toda España e a que falamos a diario a metad dos galegos, o Premio Nacional das Letras Españolas recoñece obras "en calquera das lenguas españolas oficiais", é dicir, o español, que é oficial en toda España, e as linguas rexionais.

Os escritores galegos en español son relegados nesta xornada

Galicia é o berce de grandes escritores en lingua española, como Camilo José Cela, Wenceslao Fernández Flórez, Ramón María del Valle-Inclán e Gonzalo Torrente Ballester. A propia Rosalía de Castro escribiu unha parte da súa obra en español. Cada ano, o Día das Letras Galegas adícase a un dos escritores galegos. Ata o de agora, non se lle adicou nin un so Día das Letras Galegas ós escritores que citei en negrita, simplemente porque escribiron a súa obra íntegramente en español. Curiosamente, se a tivesen escrito íntegramente en galego si poderían ter optado ó Premio Nacional das Letras Españolas. Isto non é "bilingüismo cordial": é exclusión e discriminación.

Alfonso Rueda menciona a lusofonía pero omite toda mención ó español

Esa política excluinte e discriminatoria ven sendo practicada dende o goberno galego por partidos de distinto signo, empezando polo Partido Popular, que é o que máis tempo estivo gobernando esta comunidade. Proba de elo é que hoxe Alfonso Rueda, que fai uns días sucedeu a Alberto Núñez Feijóo na presidencia da Xunta, pronunciou un discurso sobre o Día das Letras Gallegas (pode lerse aquí) no que omitiu toda referencia ó español, pero si que fixo mención á lusofonía, dicindo que "nos conecta con 260 millóns de falantes". O español fálano 580 millóns de persoas en todo o mundo, entre elas os galegos, pero nin sequera quiso mencionalo. É o mesmo que fixo Feijóo fai un ano, por certo.

Dase unha paradoxa, e é que en Galicia o portugués non é lingua oficial, como si o é o español, pero a comunidade lingüística que cita o señor Rueda no seu discurso é a portuguesa e non a española. Os seus intentos de esconder o español rozan o surrealismo. Nun dos párrafos do seu discurso di o seguiente: "O galego soa con forza, compleméntase e atrae a falantes e ouvintes, sen considerar o contacto con outros idiomas unha ameaza que a debilite, antes ben ao contrario.". O maior contacto do galego con outros idiomas é o que se da en Galicia co español. Se a lingua rexional non se sinte ameazada por ese contacto, ¿a qué ven ese absurdo empeño en omitir incluso toda referencia á nosa lingua común?

No seu discurso referiuse a Galicia como «país» ata en cinco ocasións

Outro aspecto chamativo do discurso de Rueda é a forma que ten de referirse á nosa rexión: no seu discurso usou a palabra "país" cinco veces para referirse a Galicia, y non usou a expresión "comunidade autónoma" nin unha soa vez. ¿O autonomismo se lles quedou pequeno ós señores do PP galego, no seu afán por asumir o discurso nacionalista en cada vez máis ámbitos? Lembremos que, a día de hoxe, a web da Xunta segue falando de bandeira "nacional" e de escudo "nacional" para referirse ós símbolos de Galicia, nunha páxina creada en 2016, segundo Web Archive. Estaba entón o señor Feijóo na presidencia. E logo ainda se queixan de que lles chamen "nacionalistas".

---

Foto: Xunta de Galicia.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.