Ricardo Morado, candidato de Vox pola Coruña, foi a sorpresa da noite

Só un candidato usou o español e defendeu a libre elección de lingua no debate da TVG

Esp 30·6·2020 · 6:26 0

Este luns celebrouse na Televisión de Galicia un debate sobre as eleccións galegas do 12 de xullo, cos candidatos dos sete principais partidos.

Castelao: ¿o polémico é chamar «racista» a quen escribiu estas afirmacións racistas?
Galicia: 16 profesores saen en apoio do que levou a xuizo á Xunta polo seu veto ó español

Só o candidato de Vox empregou o español no debate

Significativamente, e a pesar de que o español é unha lingua que falamos moitos galegos, só un dos candidatos comunicouse no idioma común: o de Vox, Ricardo Morado, cabeza de lista deste partido pola provincia da Coruña. Por suposto, paréceme moi ben que cada un se exprese na lingua da súa elección -é un dereito que levo defendendo moitos anos-, pero é chamativo que candidatos que usan o español na súa vida cotiá cambien ó galego de cara á galería, como se a lingua común de España non tivese cabida nun debate na TVG.

Máis alá diso, o candidato de Vox foi tamén o único que defendeu a liberdade dos galegos para escolarizar ós seus fillos na lingua da súa elección, unha liberdade que, como moitos lembraredes, comprometeuse a aplicar Feijóo en 2009, para logo traicionar a súa promesa despois de gañar as eleccións. O candidato de Vox tamén defendeu o cheque escolar e o pin parental para garantir a liberdade de educación. Novamente foi a único en facelo, a pesar de ser propostas que pretenden protexer un dereito recollido polo Artículo 27 da Constitución.

Ricardo Morado conseguiu deixar en ridículo ó candidato do PSOE

A decir verdade, pensaba que o candidato de Vox estaría máis flouxo. A fin de contas, non é un político nin un comunicador profesional, senon un cidadan de a pé sen tanta experiencia á hora de falar en público. Sen embargo, Ricardo Morado foi a gran sorpresa da noite: estivo moi bien, expresouse e defendeuse con soltura e mesmo deixou en evidencia ó candidato del PSOE, Gonzalo Caballero, que tachou a Vox de "ultradereita". Ricardo Morado amosou dúas fotos dos actos de acoso que ven sufrindo Vox en Galicia a mans da ultraesquerda, e en vez de condear eses acosos, o candidato socialista insistiu en acusar ós acosados -como ten o costume de facer o seu partido-, alentando así ós acosadores.

Para colmo, Gonzalo Caballero dixo que é "falso" que Vox lograse máis de 100.000 votos nas últimas eleccións. Como sinala a web de TVE, Vox logrou 114.834, dato que lle ofreceu Ricardo Morado ó instante, deixándolle en ridículo. Polo visto, no PSOE teñen tantos problemas para contar ós votantes de Vox como para contar ós muertos da pandemia...

O papel dos distintos candidatos no debate

En canto ó debate, ó principio foron todos contra Feijóo, un escenario que o candidato do PP aproveitou para recorrer ó papel de víctima e expoñer a súa xestión caa experiencia que lle dan tantos anos en política. Non obstante, vin a Feijóo máis apoucado do que esperaba. O papel do candidato del PSOE foi penoso: faltón, rastreiro e malencarado. Unha actuación moi pobre que avanza un novo castañazo electoral do seu partido en Galicia, que podería quedar relegado a terceira forza...

A candidata de Ciudadanos parecía aspirar máis a moderar o debate que a presidir a Xunta, pois adicou gran parte dos seus turnos a criticar ós demáis polos temas que trataban ou por cómo os trataban, adicando a iso máis tempo que a expoñer as súas propostas. Hai que decir que comunicaba ben (traballou na TVG), pero lle fallou o discurso. En canto ó BNG, Podemos e Marea Galeguista, parecían metidos nunha carreira por ver cál era o máis demagogo. Sen dúbida, a candidata do Bloque levouse a palma do talante totalitario cos seus ataques ó ensino concertado. A fin de contas, é unha militante dun partido comunista maoísta, a UPG.

O zasca do candidato de Vox a un rival separatista a conta de Castelao

Outro momento moi bo foi cando Ricardo Morado pediu ós demáis candidatos que condenasen os actos de violencia contra Vox, e o candidato da Marea Galeguista lle esixiu pedir perdón por chamar "racista" a Castelao. Sen andarse con rodeos, Ricardo Morado púxose a ler unha cita de Castelao en "Sempre en Galiza" xustificando as malleiras ós que gritan "Viva España" (podedes ler esa cita aquí). O que quedou claro é que o candidato de Vox tiña lido a Castelao e o da Marea Galeguista, non... O colmo foi cando a continuación o socialista Caballero dixo condenar a violencia pero, acto seguido, pediu a Vox renunciar ás súas ideas. ¡Vaia un demócrata! ¿Esta é a idea que ten este tipo do pluralismo ideolóxico propio dunha democracia?

Un debate que pode beneficiar a Vox de cara ó 12 de xullo

Persoalmente creo que este debate pode beneficiar a Vox, ó ter a oportunidade de expoñer os seus plantexamentos e, sobre todo, ó ter sabido explicar as diferencias que hai entre o seu partido e os demáis, especialmente o PP. Ademáis, o candidato de Vox ofreceu unha imagen competente, que foi mellorando a medida que discurría o debate. Tal vez un dos perxudicados no debate sexa Feijóo. O PP é un partido que o confía todo a unha boa xestión, pero que logo é incapaz de defendela, entre outras cousas, porque decidiu ceder ós dogmas da esquerda.

A Feijóo pódelle perxudicar especialmente o feito de coincidir no debate cun partido, Vox, que defende sen complexos os principios liberal-conservadores ós que o PP renunciou na súa deriva progre e nacionalista. Dende logo, eu xa tiña claro o meu voto antes de ver este debate, pero despois de velo aínda o teño moito máis claro: nas eleccións galegas do 12 de xullo votarei a Vox.

Se non viches o debate en directo, podes velo agora completo aquí:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.