Nos últimos 14 anos recibiu máis de 57 millóns de páxinas vistas

Contando Estrelas cumpre 17 anos con máis de 17.000 entradas e nin un euro en subvencións

Este blog está de cumpreanos. Contando Estrelas naceu tal día como hoxe en 2004, e fíxoo como un pequeno rincón da rede que foi crecendo pouco a pouco.

Contando Estrelas en 2020: más de 13 millones de páginas vistas a pesar del boicot de Google
Dziękuję, Polsko! Bonito artículo del medio polaco Do Rzeczy sobre Contando Estrelas

Nestes 17 anos pasaron moitas cousas neste blog: publicáronse máis de 17.000 entradas en español, galego, inglés, polaco, portugués e francés, e máis de 96.000 comentarios de lectores en diversos idiomas (fai pouco incluso me chegou un en gaélico irlandés). En total, o blog recibiu máis de 43 millones de visitas e máis de 57 millones de páxinas vistas dende o 19 de setembro de 2007, cando instalei o contandor de Google Analytics. Cando este blog naceu nin sequera había redes sociais. Hoxe en día podes seguir as súas últimas novidades a través de Facebook, Twitter, Telegram, Gab, LinkedIn, Gettr e MeWe, ver os seus vídeos en Youtube e Rumble, e tamén as miñas fotos en Flickr e Instagram.

O que máis me enorgullece do blog é que, a diferencia doutros medios -incluso algúns con menos audiencia-, Contando Estrelas nunca recibiu nin un euro -nin tan sequiera un céntimo- en subvencións de ningún tipo, nin en publicidade institucional, nin nada que poida vir do peto dos contribuíntes. Tampouco as pedín. Un dos sinais de identidade desta web é a súa independencia, a liberdade de criticar a este ou aquel goberno, sexa do signo que sexa, porque Contando Estrelas non depende económicamente de ningún gobernante. Tampouco recibe diñeiro de ningunha empresa ou partido político. Contando Estrelas sostense exclusivamente cos meus aforros e co fruto do meu traballo.

Obviamente, manter unha web así implica non poucos sacrificios, sobre todo tendo en conta que actualízase os sete días da semana, pero recoñezo que é unha labor apaixoante, sobre todo cando Contando Estrelas serve para publicar cousas que de outro modo ninguén contaría, e que ademáis se leen en moitos lugares do mundo. Como curiosidade, os países con máis lectores do blog son, por este orde, España, Arxentina, Estados Unidos, México, Colombia, Chile, Perú, Uruguay, Ecuador e Venezuela.

Este ano tamén chegaron a Contando Estrelas máis de 11.000 visitas dende Cuba, máis de 6.000 dende Polonia (Niech żyje Polska!), máis de 2.300 dende Corea do Sur e Australia, 851 dende Filipinas, 162 dende a República de China (Taiwán), 89 dende Guinea Ecuatorial, 69 dende Xeorxia, 50 dende Djibuti (onde hai un destacamento militar español), 12 dende a antiga illa española de Guam, 8 dende Fiji, 6 dende as Illas Feroe, 2 dende a Samoa Americana, 2 dende a Cidade do Vaticano e incluso unha dende Groenlandia, e iso por citar algúns exemplos, xa que hai visitas dende un total de 217 países e colonias.

Quero agradecer a atención e o apoyo dos lectores máis veteranos, dos que compartides as entradas, dos que me avisades de erratas, e sobre todo de Isaac polo seu constante apoio informático (sen el, isto en vez dunha moto de alta cilindrada sería como un triciclo a pedais). E gracias, sobre todo, á miña familia polo seu apoio constante, e a Deus e á intercesión de San Xoan Pablo II, por poñer sentidiño onde a min me falta. Espero que poidamos seguir léndonos -e contando estrelas- moitos anos máis.

O camiño segue e segue
desde a porta, onde comeza.
Agora o camiño foise lonxe,
e debo seguilo, se podo,
percorréndoo con pé lixeiro,
ata que se xunte cun camiño meirande
onde conflúen carreiros e sendas.
¿E a onde irei despois? Non o sei.

(J.R.R. Tolkien)

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, pulsa aquí para rexistrarte.