O alcalde socialista de Vigo aliñouse este luns coas posicións extremistas do goberno de Pedro Sánchez en relación a Oriente Medio.
Demonizan a Israel sen facer nin un só reproche a Hamás
No pleno municipal, Abel Caballero e o PSOE apoiaron unha moción dos separaristas do Bloque Nacionalista Galego (BNG), os aliados galegos de Bildu, acusando a Israel de "xenocidio" e declarando persoa "non grata" a Benjamín Netanyahu, primeiro ministro israelí.
O BNG, autor da moción, é unha coalición separatista e de extrema esquerda que ano tras ano convida ós antisemitas do FPLP ós seus mitins en Santiago, presentándoos como unha organización amiga, obviando o feito de que a FPLP figura nas listas de grupos terroristas da Unión Europea, Estados Unidos e Canadá. Outro dato relevante sobre esa organización criminal é que o o 7 de outubro de 2023, e a través do seu sitio web oficial, a FPLP publicou un comunicado apoiando o ataque terrorista de Hamás contra Israel.
Na súa moción, que contou co rexeitamento dos concelleiros do Partido Popular, o BNG non di nin unha palabra sobre os terroristas de Hamás, nin sobre a masacre antisemita que perpetraron o 7 de outubro de 2023 (a maior matanza sufrida polo pobo xudeu desde o Holocausto, con familias enteiras queimadas vivas nos seus fogares) nin sobre as centos de persoas que foron secuestradas por Hamás. Lendo o texto do BNG parece coma se nada diso existise.
As polémicas posicións do BNG #ante os ataques de Rusia e de Hamás
A posición do BNG non é ningunha sorpresa. Ademais da súa boa relación cos terroristas palestinos do FPLP, hai que lembrar que o 11 de outubro de 2023, catro días despois do ataque de Hamás, o Bloque negouse a condenar esa masacre antisemita no Parlamento de Galicia, unha masacre que si ten as características dos crimes de xenocidio conforme ó Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional, como xa expliquei aquí hai uns días.
Non era a primeira vez que esa coalición de extrema esquerda exhibía a súa dobre moral nesa cámara: en marzo de 2022, o BNG tamén impediu unha declaración institucional do Parlamento galego para condenar a invasión rusa de Ucraína. Hai que lembrar que o mesmo día que esa invasión comezou, o BNG publicou un comunicado no que non citaba nin a Rusia nin a Putin, pero criticaba á OTAN e chamaba a Donetsk e Lugansk "repúblicas populares", copiando os termos da propaganda rusa, que leva anos cualificando así a esas dúas rexións ucraínas. Ademais, en marzo de 2022, cando o Concello de Vigo condenou a invasión rusa de Ucraína, o BNG abstívose, do mesmo xeito que fixeron os concelleiros ultraizquierdistas de Marea de Vigo.
O Concello de Vigo non aprobou ningunha condena do masacre antisemita de Hamás
O apoio do PSOE de Vigo a esa moción antisemita non é ningunha sorpresa. Os socialistas están a instalarse nunhas coordenadas ideolóxicas cada vez máis próximas á extrema esquerda, nun intento de captar os votos de comunistas e separatistas #ante a desfeita do PSOE nas enquisas debido ós escándalos do goberno de Pedro Sánchez. De feito, o Concello de Vigo non aprobou ningunha moción de condena a Hamás polo seu masacre antisemita de 2023, nin por ningún dos ataques terroristas que vén sufrindo Israel, nin polos ataques lanzados por Irán contra o Estado xudeu. Cando Israel é o país atacado, a esquerda de Vigo mira cara a outro lado.
Un exemplo de antisemitismo conforme a unha definición apoiada por Sánchez
A pesar dos intentos por rebaixar a súa gravidade, esa dobre rapadoira é un exemplo claro de antisemitismo: é o que sinala a definición de antisemitismo da Alianza Internacional para a Memoria do Holocausto (IHRA), asinada por 35 países democráticos, incluíndo todos os países da Unión Europea coas únicas excepcións de Chipre e Malta. Foi o goberno de Pedro Sánchez o que asinou esa definición en 2020 en nome de España, e son o goberno de Sánchez e o PSOE quen agora están a violar o asinado e incorrendo nunha actitude claramente antisemita coa súa dobre rapadoira con Israel e outros países.
O Concello de Vigo evitou acusar de 'xenocidio' a Rusia e a Putin
Non está de máis lembrar, por outra banda, que tras pasar máis dun mes da invasión rusa a gran escala contra Ucraína, e habendo probas xa máis que suficientes das atrocidades que estaban a cometer os invasores, a declaración institucional aprobada en Vigo contra Rusia (ver texto) o 30 de marzo de 2022 non acusaba o país invasor nin a Putin de "xenocidio" nin tan sequera de "terrorismo".
Polo visto, os socialistas resérvanse as acusacións máis graves contra unha democracia, Israel, que se está defendendo do máis grave ataque terrorista da súa historia, evitando utilizar os mesmos termos contra unha ditadura, Rusia, que invadiu a un país veciño sen mediar provocación e atacando obxectivos civís de forma indiscriminada e sistemática, a pesar do cal Sánchez segue comprando gas a Rusia .
---
Foto: PSOE.
Opina sobre esta entrada: