Unha reflexión libre dun galego que non milita nas filas de ningún partido

Os motivos polos que decidín votar a Vox nas eleccións galegas do 12 de xullo

Esp 07·7·2020 · 6:38 0

O vindeiro domingo 12 de xullo os españois residentes en Galicia estamos chamados ás urnas para elexir ós nosos representantes no Parlamento galego.

O PP galego apoia á ultraesquerda para impoñer educación sexual dende os 3 anos
Tras apoiar estas cousas da esquerda agora Feijóo apela ó medo dos votantes de Vox

Ese día elexirei a papeleta de Vox por varios motivos:

1. Porque como galego hispanofalante síntome preocupado pola deriva excluínte do PP de Feijóo cara á miña lingua materna. Pasou de prometer a liberdade lingüística na campaña das eleccións galegas de 2009 (eu lle votei entón pensando que cumpliría esa promesa, cousa que non fixo) a votar a favor da marxinación ilegal do español (como fixo en Ferrol e en Cerdedo-Cotobade) e mesmo prohibir o seu uso por escrito a un profesor nas súas comunicacións internas nun conservatorio público. Tan preciosa é a lingua galega como a española. Basta xa de utilizar as linguas para dividirnos e enfrentarnos.

2. Porque amo a Galicia e amo a España, e non podo compartir a tendencia nacionalista que está a adoptar o PP en Galicia, con feitos como regalar dúas alcaldías ó BNG -o socio galego de Bildu- nas últimas eleccións locais e con declaracións como as que se poden escoitar neste vídeo:

3. Porque defendo o dereito constitucional dos pais a elexir a educación que prefiren para ós seus fillos (amparado polo Artículo 27 da nosa Carta Magna) e polo tanto non podo depositar a miña confianza nun PP que o pasado mes de novembro apoiou unha proposta da extrema esquerda para impoñer educación sexual ós nenos dende os 3 anos, unha forma repugnante de corromper ós máis pequenos e roubarlles a súa inocencia; un PP que en 2014 apoiou unha lei LGTB que impón a ideoloxía de xénero nas escolas, lei que o PP aprobou xunto ó PSOE, a extrema esquerda e os separatistas.

4. Porque creo que a vida humana debe ser protexida dende os seus inicios, e moi especialmente a vida dos máis débiles e indefensos -que son os fillos por nacer-, e polo tanto en conciencia non podo votar a un señor como Feijóo, que apoiou manter a actual lei do aborto, que establece un aberrante dereito a matar a eses pequenos inocentes ós que precisamente máis deberiamos protexer.

5. Porque creo que debemos esixir honradez ós nosos políticos, o cal implica que digan a verdade e cumplan as súas promesas. Como xa sinalei, en 2009 votei ó PP crendo que Feijóo cumpriría a súa promesa de liberdade lingüística, e ós poucos meses de gañar as eleccións con maioría absoluta, Feijóo traicionou o prometido. Négome a premiar co meu voto a un político que xa me enganou unha vez. Négome a axudar a consolidar a perniciosa idea de que é normal que os políticos mintan para conseguir votos, e que ante iso o único que podemos facer os votantes é fastidiarnos.

6. Porque Vox é o partido que máis se identifica coas miñas conviccións e principios, e porque é o único que hoxe por hoxe ten a valentía de enfrentarse ós dogmas ideolóxicos da esquerda, ó consenso progre, á ideoloxía de xénero e á corrección política. En Vox atopo un partido que sabe conciliar o meu amor por España e o meu amor por Galicia sen caer en nacionalismos excluíntes, dende o respeto ás dúas linguas oficiais da miña terra e dende a defensa da liberdade lingüística dos galegos, un dereito ó que os demáis partidos lle deron as costas.

7. Porque estou farto do voto do medo, de votar coa nariz tapada e do mal chamado "voto útil", que ó final só é útil para que certos políticos se manteñan no cargo á nosa costa. Aínda que a algúns lles pese, quero votar en liberdade e en conciencia, apoiando a opción que máis me convence e que me parece mellor. Négome a deixarme amedrentar por políticos sen escrúpulos que piden votos de centro-dereita baixo a ameaza de que senón gañará a esquerda, para logo facer políticas progres cos nosos votos, ríndose de nós unha e outra vez.

Por suposto, o que acabo de expoñer é o fruto da miña reflexión persoal, sen que ninguén me dicte o que teño que dicir nin o que teño que votar. Non estou afiliado a ningún partido e considérome un home libre e independiente. Sexa cal sexa a túa forma de pensar, anímote a que leas os programas e as propostas dos distintos partidos, a que as valores e decidas se che convencen e se corresponden coas túas inquietudes. Non deixes que ninguén decida por ti e non te deixes dominar polo medo nin as ameazas. Vota en liberdade. Ó nosos pais e avós lles costou moitos esforzos e sacrificios conseguir que en España houbese unha democracia e una convivencia pacífica entre españois. No votemos a perder ese precioso legado.

Non te perdas as novidades e contidos que che interesan. Únete gratis a Contando Estrelas en Telegram:

Opina sobre esta entrada:

Debes iniciar sesión para comentar. Pulsa aquí para iniciar sesión. Se ainda non te rexistraches, podes crear unha conta de usuario aquí.

Contando Estrelas
Privacy Overview

Este sitio web utiliza cookies para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones como reconocerte cuando vuelves a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web te resultan más interesantes y útiles.